Edición especial do ciclo 'Café con sal'

  • Estudantes
  • PDI
  • Vigo
  • Conferencias

Data de celebración:

18 de xullo
De 11:00 a 12:15

Dirixido a

Estudantes e PDI

Organiza

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo

Lugar

Estación de Ciencias Mariñas de Toralla

Illa de Toralla
36331 Coruxo
España

Tipo de evento

Conferencias

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos da Ecimat

A Ecimat acolle este xoves unha edición especial do ciclo de conferencias Café con Sal con motivo da estancia no centro de varios investigadores/as estranxeiros baixo o programa de Accesos Transnacionais de Asemble Plus e da apertura da 5ª convocatoria deste programa.

Esta sesión, que terá lugar entre as 11.00 e as 12.15 horas, contará cunha breve introdución ao Programa Transnational Access, na que Fiz da Costa, xestor do proxecto, presentará os servizos básicos da Ecimat aos que calquera membro do persoal investigador ou técnico, de calquera institución pública ou privada, pode acceder. A continuación terán lugar dúas conferencias de dous investigadores que se atopan na actualidade gozando deste programa: James Waggitt, (Bangor University, U.K.), quen impartirá o relatorio  Studies into coastal seabirds: understanding the importance of currents, topography and meteorology when estimating responses to environmental change, e Jamie Stevens (University of Exeter, U.K.), co relatorio  What drives contrasting patterns of genetic connectivity in Atlantic octocoral species? 

 

Máis información

Ciclo Café con Sal

Anótao en:

Add to Calendar 2019-07-18 11:00:00 2019-07-18 12:15:00 Edición especial do ciclo 'Café con sal' No salón de actos da Ecimat Estación de Ciencias Mariñas de Toralla Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo Europe/Madrid public