Emlex Wiktionary Hackfest

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

14 de novembro de 2019 ás 11:30

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Carlos Valcárcel , Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte e Emlex

Lugar

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Xornadas

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Trátase dun maratón dirixido a incorporar novos contidos ao 'Galizionario'

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Vicente Romo, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; e María José Domínguez, coordinadora do mestrado Emlex na Universidade de Santiago de Compostela

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a segunda edición do Emlex Wiktionary Hackfest, un maratón dirixido a sumar novos contidos ao Galizionario, aberto á participación da cidadanía. Coordinado polo profesor da facultade Carlos Valcárcel, o evento insírese nas actividades do mestrado europeo en lexicografía Emlex e contará coa participación do alumnado que cursa este posgrao na USC e na Universidade do Minho.

O hackfest abrirase ás 10.00 horas cos coloquios de Eneko López, Léa Lacroix e Nicolas Vigneron, representantes das ramas locais da Fundación Wikimedia en España, Alemaña e Francia, respectivamente, e celebrará ás 11.30 horas o seu acto de apertura. Tras este, as e os participantes traballarán, na aula de informática da facultade, na incorporación de novos contidos ao Galizionario ata as 19.30 horas, cando terá lugar a posta en común e discusión do traballo realizado.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-11-14 11:30:00 2019-11-14 11:30:00 Emlex Wiktionary Hackfest Trátase dun maratón dirixido a incorporar novos contidos ao 'Galizionario' Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Carlos Valcárcel Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte Emlex Europe/Madrid public