Encontro dixital co vicepresidente do BCE, Luis de Guindos, na FCCEE

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

21 de outubro ás 11:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Confederación de Empresarios de Pontevedra e Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Conferencias

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Semipresencial

As prazas son limitadas e cómpre realizar inscrición previa

Asisten: Luis de Guindos, vicepresidente do Banco Central Europeo; Manuel Reigosa, reitor da UVigo; Irene Garrido, docente e investigadora da FCCEE e exsecretaria de Estado de Economía; Jorge Falagán, decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra   

 

O vicepresidente do Banco Central Europeo (BCE), Luis de Guindos, ofrece un encontro dixital, dentro do ciclo Coloquios en tempos de pandemia, que organiza a FCCEE, no que abordará cuestións como a análise do papel dos bancos centrais, as claves da actual crise fronte á de 2008, as medidas excepcionais propostas polo BCE e os eixos de futuro para a recuperación económica. O encontro con De Guindos, organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), poderá seguirse, desde as 11.30 horas, tanto en liña (previa inscrición), como de xeito presencial, no salón de actos da facultade.

A docente e investigadora da FCCEE e exsecretaria de Estado de Economía, Irene Garrido, será a encargada de moderar o diálogo, que abrirán o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; o presidente da CEP, Jorge Cebreiros e o decano do centro, Jorge Falagán.

O coloquio co presidente do BCE é o segundo dos actos encadrados no ciclo Coloquios en tempos de pandemia, unha inciativa da FCCEE, con periodicidade mensual, que ten o obxectivo de converter á UVigo nunha canle para o diálogo entre os protagonistas da actualidade no ámbito empresarial e económico. O ciclo iniciouse coa participación do director xeral do grupo Zendal, Andrés Fernández.

O encontro pode seguirse en directo a través de UVigoTV. 

 

 

 

Anótao en:

Add to Calendar 2020-10-21 11:30:00 2020-10-21 11:30:00 Encontro dixital co vicepresidente do BCE, Luis de Guindos, na FCCEE As prazas son limitadas e cómpre realizar inscrición previa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende Confederación de Empresarios de Pontevedra Universidade de Vigo Europe/Madrid public