Encontros Universidade-Empresa

  • Entidades Colaboradoras
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo

Data de celebración:

21 de xuño de 2019
De 9:30 a 13:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría de Transferencia

Lugar

Edificio Miralles

Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Talleres

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Centrado no sector da automoción

A Vicerreitoría de Transferencia organiza un ciclo de encontros Universidade-Empresa co obxectivo de estreitar vínculos coa contorna empresarial. O terceiro destes encontros desenvólvese na sala 1 do edificio Miralles e está centrado no sector da automoción, contando coa participación de diferentes empresas de Ceaga, o Clúster de Empresas da Automoción de Galicia. Durante a xornada aproveitarase tamén a ocasión para presentar a Business Factory Auto, unha iniciativa que nace co obxectivo de axudar a acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras.

A clausura do encontro está prevista para as 13.15 horas e nela participará o delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, e a vicerreitora de Transferencia, Mª Consuelo Pérez.

Máis información

 

 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-06-21 09:30:00 2019-06-21 13:00:00 Encontros Universidade-Empresa Centrado no sector da automoción Edificio Miralles Vicerreitoría de Transferencia Europe/Madrid public

Documentación

Programa completo957.67 KB