Entrega dos III Premios Alumni-UVigo

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

18 de xullo ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría de Extensión Universitaria

Lugar

Edificio Redeiras

Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No edificio Redeiras

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade

Acto de entrega dos III Premios Alumni UVigo cos que a Universidade de Vigo recoñece o labor persoal e profesional de persoas que integran a comunidade de antigos estudantes, ao tempo que se pretende incentivar a relación da institución cos seus egresados e egresadas.

Entregaranse galardóns en cinco categorías -emprendemento, humanidades, impacto social, investigación e traxectoria profesional- e cada unha das persoas premiadas recibirá un pequeno agasallo e un diploma acreditativo co que a institución e, en particular a súa  comunidade alumni, quere simbolizar o recoñecemento da súa achega á sociedade.

Ademais, farase entrega de tres premios especiaiso: o Premio Alumni-UVigo Honorífico, que nesta edición será para Carlos Botana, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo; o premio Alumni Distinguido, que será para as deportistas Susana Rodríguez Gacio e Teresa Portela; e finalmente o premio Amigo Alumni, para David Regades, delegado do Estado na Zona Franca de Vigo. 

Unha vez remata a entrega de galardóns terá lugar na praza do Berbés o encontro anual de confraternidade Alumni-UVigo entre antigos alumnos e alumnas da UVigo no que se poderán atoparse cos que foran os seus docentes, compañeiros e compañeiras, e enriquecer así a súa rede de contactos persoais. Música, comida e bebida amenizarán este encontro.

Máis información

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2024-07-18 19:00:00 2024-07-18 19:00:00 Entrega dos III Premios Alumni-UVigo No edificio Redeiras Edificio Redeiras Vicerreitoría de Extensión Universitaria Europe/Madrid public