Exposición 'Un bosque de malas hierbas'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

12 de xullo ás 19:30 20 de xullo ás 18:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Grupo dx5

Lugar

Fundación RAC

Rúa Sarmiento, 41
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Artes plásticas e Exposición

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Fundación RAC

A Fundación RAC acolle a exposición Un bosque de malas hierbas, que reúne un conxunto de obras realizadas pola artista e investigadora do grupo dx5 Artes Antía Iglesias, no marco da súa tese de doutoramento. Comisariada pola artista e profesora da Facultade de Belas Artes Anne Heyvaert, a exposición presenta un conxuntto de obras e materiais desenvolvidos por Iglesias no marco da investigación que desenvolveu no doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible. Nela, Iglesias traballou na transformación en papeis e tintas de tres especies de plantas exóticas e invasoras, presentes na ribeira do Umia, para logo trasladar a súa creación artística tanto os materiais xerados como os propios procesos desenvolvidos para a súa obtención.

A exposición pode visitarse ata o 20 de xullo en horario de 18.00 a 21.00 horas. Nesta última xornada, a artista e investigadora ofrecerá unha visita guiada o público asistente.

Anótao en:

Add to Calendar 2024-07-12 19:30:00 2024-07-12 19:30:00 Exposición 'Un bosque de malas hierbas' Na Fundación RAC Fundación RAC Grupo dx5 Europe/Madrid public