Exposición 'Do final e do comezo'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

5 de setembro ás 20:00 29 de setembro ás 14:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Facultade de Belas Artes

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Alumnado , Artes plásticas e Exposición

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acolle a exposición Do final e do comezo, que reúne os traballos da última xeración de graduados e graduadas en Belas Artes. Organizada co apoio do Concello de Pontevedra, a exposición comisariada polo profesor Ignacio Barcia reúne as obras realizadas para os seus traballos de fin de grao por 35 estudantes, 25 alumnas e 10 alumnos, constituíndo unha mostra representativa do nivel e o enfoque da formación recibida na Facultade de Belas Artes. 

Na exposición, que poderá visitarse ata o 29 de setembro, pode constatarse a transversalidade e o alcance da citada formación. O visitante atópase con obras realizadas en distintas disciplinas, desde a pintura, a escultura, o debuxo, a fotografía, a ilustración ou o audiovisual, á instalación en diversos formatos, o libro de artista ou a realidade virtual; así como con traballos de carácter multidisciplinar ou transdisciplinar.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-09-05 20:00:00 2019-09-05 20:00:00 Exposición 'Do final e do comezo' No Pazo da Cultura Facultade de Belas Artes Facultade de Belas Artes Europe/Madrid public