Exposición 'Do final e do comezo 2021. Unha odisea no Pazo"

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

3 de setembro de 2021 ás 19:00 28 de setembro de 2021 ás 21:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Facultade de Belas Artes e Concello de Pontevedra

Lugar

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Artes plásticas e Exposición

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acolle a exposición Do final e do comezo 2021. Unha odisea no Pazo, que reúne unha selección de obras nacidas como parte dos traballos de fin de grao de 38 titulados e tituladas das dúas últimas promocións de graduados en Belas Artes. Organizada pola facultade e a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, a mostra, comisariada polas docentes María Covadonga Barreiro e Sonia Tourón, poderase visitar ata o 28 de setembro.

A exposición pode visitarse de martes a venres de 18.00 a 21.00 horas, os sábados de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas e os domingos e festivos de 12.00 a 14.00 horas. 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-09-03 19:00:00 2021-09-03 19:00:00 Exposición 'Do final e do comezo 2021. Unha odisea no Pazo" No Pazo da Cultura Pazo da Cultura de Pontevedra Facultade de Belas Artes Concello de Pontevedra Europe/Madrid public