Exposición 'Pinturas negras'
Data de celebración:
21 de febreiro ás 19:00 6 de abril ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Museo de Pontevedra e Facultade de Belas ArtesLugar
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Artes plásticas e ExposiciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Edificio Castelao do Museo
O Museo de Pontevedra acolle a inauguración da exposición Pinturas Negras, que se insire no convenio de colaboración entre esta institución e a Facultade de Belas Artes para levar a cabo proxectos expositivos con artistas vinculados a este centro.
Co profesor Ignacio Pérez-Jofre e a investigadora Sandra MG como comisarios e remitindo á serie de Goya, a exposición propón un percorrido polos diferentes usos e significados da escuridade e o negro, a través das obras dunha serie de artistas formados na facultade e de profesorado do centro. Pinturas negras reúne as creacións de Acacia Ojea, Alejandra Pardo, Araceli Liste, Erik Balbuena, Fernando Casás, Fruela Alonso, Juan Loeck, Juan Rivas, Julia Huete, Lúa Gándara, Miguel Teixeira, Mónica Cabo e Sol Mussa e poderá visitarse ata o 6 de abril.