I Digital JAI

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

26 de outubro de 2020 ás 10:00 30 de outubro de 2020
De 10:00 a 18:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Congreso

Entrada:

De balde

Modalidade

Virtual

O acto inaugural emítese en directo a través do Canal Directo 2 de UVigo TV

As I Xornadas Dixitais sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, Digital JAI, desenvólvense entre os días 26 ao 30 de outubro. Coa participación confirmada de preto dunha trintena de empresas, 75 poñentes e máis de 40 horas de conferencias, a primeira edición dixital das xornadas e nun formato totalmente virtual, ao que participantes e poñentes poderán acceder a través do Remote Congress de Teltek, as Digital JAI introduce como unha das súas novidades a celebración de varias mesas redondas na que destacados relatores e relatoras abordarán cuestións relacionadas coa automatización, a ciberseguridade ou a dixitalización no sector alimentario.

Organizadas polo Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática; a Escola de Enxeñaría Industrial e a Universidade de Vigo, as I Xornadas Dixitais sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial contan entre os seus socios con Beckhoff, Bonfiglioli, Bosch Rexroth, B&R, Delta, Endress+Hauser, Festo, HMS Networks, HP, IFM, Kepware (Logitek), KUKA Robots Ibérica y Lapp, OnRobot, Phoenix Contact, Pilz, Rockwell Automation, SAS, Schneider Electric, Sick, Siemens, Universal Robots, WEG, Weidmüller, Yamaha e Yaskawa.

As xornadas trasmítense a través da plataforma Digital JAI.

Anótao en:

Add to Calendar 2020-10-26 10:00:00 2020-10-26 10:00:00 I Digital JAI O acto inaugural emítese en directo a través do Canal Directo 2 de UVigo TV Campus Remoto da Universidade de Vigo Universidade de Vigo Europe/Madrid public