II Xornadas 'O talento feminino SUMA'
Data de celebración:
24 de setembro de 2019 ás 10:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Área de Emprego e EmprendementoLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
TalleresEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialMuller e mercado laboral: loitando contra as desigualdades
A Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, en colaboración co Instituto da Muller e a Igualdade de Oportunidades, organizan a xornada O talento feminino SUMA, co seguinte programa:
Sesión de mañá:
10.00 – 14.00 Conferencia e mesa redonda
Lugar: sala I do edificio Miralles
A conferencia inaugural, ás 10.15 horas, corre a cargo da catedrática da Universidade de Vigo Coral del Río e leva por título Segregación por razón de xénero no mercado laboral: causas e consecuencias. A mesa redonda, Loitando contra as desigualdades: programas de emprego e emprendemento para mulleres, arrancará ás 12.15 horas e estará moderada por Carla Reyes Uschinsky, presidenta de executivas de Galicia.
Sesión de tarde:
15.30 – 19.30 Obradoiro Elevator Pitch: quen es en 90 segundos
Lugar: salas I e IV do edificio Miralles