III Exposición: 'Educación en feminino: un paseo pola historia'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

23 de abril de 2021
De 9:00 a 20:00 28 de maio de 2021
De 9:00 a 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Biblioteca Universitaria e Facultade de Formación do Profesorado da USC

Lugar

Biblioteca Central do campus de Vigo

Campus Universitario s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Exposición

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Biblioteca Central do Campus de Vigo

Con motivo da celebración do Día do Libro, o 23 de abril, e do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, a Biblioteca Central acolle ata o vindeiro 28 de maio a III Exposición Educación en feminino: un paseo pola historia,  que recolle a III colección de pósters  correspondentes a educadoras de diferentes lugares e épocas históricas, con especial atención a Galicia e á Idade Contemporánea, elaborada polo alumnado da materia Teoría e historia da educación escolar da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.

Como complemento a esta exposición, a Biblioteca expón tamén parte dos fondos bibliográficos de autoras presentes na mostra, así como unha pequena homenaxe a Xela Arias, poeta, tradutora, editora e, tamén mestra, á que este ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas.

Anótao en:

Add to Calendar 2021-04-23 09:00:00 2021-04-23 20:00:00 III Exposición: 'Educación en feminino: un paseo pola historia' Na Biblioteca Central do Campus de Vigo Biblioteca Central do campus de Vigo Biblioteca Universitaria Facultade de Formación do Profesorado da USC Europe/Madrid public