III Torneo Nacional Retórica UVigo
Data de celebración:
14 de febreiro ás 15:30 15 de febreiro ás 9:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Asociación de Debate RetóricaLugar
Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Cidade, Rúa Torrecedeira 86
36208 Vigo
España
Tipo de evento
CompeticiónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Escola de Enxeñería Industrial, sede Torrecedeira e aberto ao público
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Rodrigo Soriano, representante da Liga Española de Debate Universitario e Inés Túñez, presidenta da Asociación de Debate Retórica UVigo
16 equipos de toda España participan na terceira edición do Torneo Nacional Retórica UVigo. O certame arranca o 14 de febreiro, o día de San Valentín, e por iso a organización apostou por elixir unha temática que non podía gardar máis relación coa data: a mercantilización do amor.
A cita, organizada pola Asociación Retórica UVigo, desenvólvese na Escola de Enxeñaría Industrial en Torrecedeira os días 14 e 15 e os debates están abertos ao público. A competición constará dunha fase clasificatoria con cinco roldas que se elixirán por sorteo e unha fase final que comprenderá cuartos, semifinais e final. O equipo ganador obterá unha praza directa na Liga Española de Debate Universitario, LEDU, así como un trofeo e un premio económico. Tamén se elixirá ao mellor orador ou oradora do torneo e entregaranse diplomas para cada unha das mellores posturas, coñecido como dream team.