Inauguración da G-Night

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

30 de setembro de 2022 ás 18:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Praza do Berbés

Praza do Berbés
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Feira e Talleres

Entrada:

De balde

Modalidade

Presencial

Na praza do Berbés

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da UVigo; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais e Belén Rubio, vicerreitora da Investigación, transferencia e innovación

Coordinada pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, a G-Night 2022 despregará esta tarde-noite, na súa segunda edición, máis de 70 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico, nunha trintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

A praza do Berbés será o epicentro das actividades da G-Night en Vigo, onde o edificio Redeiras, o café Vitruvia e o Porto, completan as localizacións das actividades da Noite galega das persoas investigadoras. Entre as 18.00 e as 21.00 horas a praza do Berbés acollerá a expo-feira científica, organizada pola UVigo e o Instituto Español de Oceanografía (IEO), cunha ducia de postos, nos que integrantes de grupos da investigación de ambas institucións, achegarán os seus coñecementos ao público asistente. 

O edificio Redeiras, pola súa banda, acolle, desde as 18.00 horas, cinco charlas e un coloquio nos que as aplicacións das matemáticas, a prevención das inundacións ou as linguas ea tecnoloxía, serán algúns dos temas que se abordarán. Pola súa banda, entre as 20.30 e as 22.00 horas no café Vitruvia desenvolveranse tres charlas, dirixidas especialmente a público adulto. As actividades da G-Night en Vigo complétanse cos tres paseos científicos que o persoal do grupo de investigación Geoma realiza desde as 16.00 horas a bordo da embarcación de prospección Inndaga e nos que unha ducia de persoas poderá coñecer as técnicas de prospección e investigación oceanográfica.

Anótao en:

Add to Calendar 2022-09-30 18:00:00 2022-09-30 18:00:00 Inauguración da G-Night Na praza do Berbés Praza do Berbés Universidade de Vigo Europe/Madrid public