Inauguración do IX Congreso Internacional 'Fugas e Interferencias'
Data de celebración:
31 de outubro ás 17:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Grupo de investigación PE4Lugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
Diferentes prezosModalidade
PresencialNa sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
Asisten: Ana Belén Fernández Souto, directora de Área do Campus de Especialización Crea; Ignacio Pérez-Jofre, vicedecano de Relacións Culturais da Facultade de Belas Artes, e os directores do congreso, Marta Pol e Carlos Tejo
A Casa das Campás acolle a inauguración da IX International Performance Art Conference Fugas e Interferencias, organizada pola polo grupo de investigación PE4 Imaxe e Contextos, da Facultade de Belas Artes, coa colaboración da Vicerreitoría do campus de Pontevedra e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Coa participación de investigadores e investigadoras de universidades de España, Portugal, Reino Unido, Estados Unidos e Grecia, este congreso combina no seu programa a presentación dunha serie de estudos sobre esta disciplina con conferencias plenarias e performances.
Tras a inauguración, ás 18.00 horas terá lugar a mesa La acción y sus intersecciones (I), completándose esta primeira xornada coas performances que as estudantes Lista Corredoira e Leira Ramallo levarán a cabo, a partir das 20.00 horas, no espazo 35 da Facultade de Belas Artes.
Nas xornadas de venres e sábado, o congreso continúa a súa actividade na sede do CGAC, en Santiago de Compostela.