Mesa redonda 'Comezar, chegar e continuar'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

24 de novembro ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría do campus de Pontevedra , Consello Social da Universidade de Vigo e ClínicasON

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Coa participación de Teresa Portela, Sofía Toro e 'Defreds'

A Vicerreitoría do campus, co patrocinio do Consello Social da Universidade e a axuda técnica de ClínicasON promove a mesa redonda sobre emprendemento e motivación Comezar, chegar e continuar. Moderada polo fisioterapeuta e fundador de ClínicasON, Hugo Ogando, neste coloquio participan a piragüista e fisioterapeuta Teresa Portela, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokio; a regatista e docente Sofía Toro, campioa olímpica en Londres 2012 e xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, e o escritor José Ángel Gómez, Defreds, autor de dez títulos dos que logrou vender máis de medio millón de exemplares. 

Trátase dun coloquio aberto a toda a cidadanía, para o que será preciso realizar unha inscrición previa, que permanece aberta o propio día de celebración do evento. Esta pode realizarse enviando un correo electrónico á dirección contacto@clinicason.com, no que figuren nome e apelidos, número de teléfono e DNI. As e os integrantes da comunidade universitaria deberán tamén achegar un documento xustificativo da súa relación coa institución, tendo preferencia na inscrición no caso de que se complete a capacidade da sala. 
 

Máis información

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2022-11-24 20:00:00 2022-11-24 20:00:00 Mesa redonda 'Comezar, chegar e continuar' Coa participación de Teresa Portela, Sofía Toro e 'Defreds' Vicerreitoría do campus de Pontevedra Vicerreitoría do campus de Pontevedra Consello Social da Universidade de Vigo ClínicasON Europe/Madrid public