Obradoiro de mediación familiar
Data de celebración:
27 de abril de 2021 ás 11:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de DereitoLugar
Cam. Seara B, 3I
32004 Ourense
España
Tipo de evento
ObradoirosEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
VirtualA través do Campus Remoto da UVigo
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolle a celebración virtual dun obradoiro de mediación familiar. Coordinado por Inés C. Iglesias Canle, catedrática de Dereito Procesual da Universidade de Vigo, a relatora será Mercedes Llorente Sánchez-Arjona, profesora titular de Dereito Procesual da Universidad de Sevilla. A conferencia pode seguirse a través do Campus Remoto da UVigo, entrando no seguinte enlace, en acceso estudantado, co nome que desexe o usuario ou usuaria e co contrasinal uRjGJ42Y.