Obradoiro 'Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado'

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

12 de decembro de 2019 ás 9:30

Dirixido a

Estudantes , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra

Lugar

Escola Universitaria de Estudos Empresariais

rúa Torrecedeira 105
36208 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Escola Universitaria de Estudos Empresariais

Asistentes: Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade, e Araceli González, subdirectora da EU de Estudos Empresariais

Co obxectivo de analizar a escasa presenza de mulleres nos ámbitos STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), tanto na universidade, coma no mercado laboral, así como as distintas manifestacións do denominado 'machismo dixital', a Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidadde e Vigo acollerá o vindeiro día 12 de decembro un obradoiro, con entrada libre ata completar aforo, organizado ao abeiro da Cátedra Feminismos 4.0, promovida pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Ao longo da xornada, titulada Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, as poñentes afondarán nas razóns e solucións a aplicar para enfrontar a desigualdade de xénero en detrimento das mulleres, que se rexistra nos ámbitos de estudo e de traballo STEM, e abordarán  desde unha perspectiva de xénero as expresións de machismo e misoxinia que se rexistran nos videoxogos, memes, wikicontidos, algoritmos ou mesmo a censura de determinadas partes do corpo das mulleres. 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-12-12 09:30:00 2019-12-12 09:30:00 Obradoiro 'Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado' Na Escola Universitaria de Estudos Empresariais Escola Universitaria de Estudos Empresariais Universidade de Vigo Deputación de Pontevedra Europe/Madrid public

Documentación

programa obradoiro.pdf1.36 MB