Obradoiros 11F no campus de Ourense

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

19 de febreiro ás 11:15

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Facultade de Educación e Traballo Social e Escola Superior de Enxeñaría Informática

Lugar

Edificio de Ferro

Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Edificio de Ferro e no Politécnico

A Facultade de Educación e Traballo Social e a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense, abren as súas portas a arredor de 90 estudantes do IES As Lagoas da cidade. No marco da programación do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, esta actividade tratará de "dar visibilidade ao traballo das investigadoras destes centros e revertir a segregación por estereotipos de xénero nos estudos". Na Facultade de Educación e Traballo Social participarán desde as 9.30 h, na sala Emilia Pardo Bazán, en obradoiros de TICs educativas (robótica, gafas de realidade virtual, croma, etc) ao servizo dunha sociedade máis igualitaria; de radio a prol da coeducación (gravación de microespazos e propostas sobre corresponsabilidade social) e de experimentación no Laboratorio de Didáctica das Ciencias. Na Escola Superior de Enxeñaría Informática, ás 11.15 h na súa aula magna, terá lugar unha mesa redonda interactiva con mulleres de diferentes etapas na súa carreira formativa e profesional. Nela participarán Ana Abad, backend developer en Idealista; Milagros Fernández Gavilanes, profesora do Centro Universitario da Defensa e investigadora; Susana Gómez, CEO en Origami Soluciones; María Novo, profesora e investigadora da ESEI e as alumnas desta escola Antía Rodríguez e Enma Romero.

Anótao en:

Add to Calendar 2025-02-19 11:15:00 2025-02-19 11:15:00 Obradoiros 11F no campus de Ourense No Edificio de Ferro e no Politécnico Edificio de Ferro Facultade de Educación e Traballo Social Escola Superior de Enxeñaría Informática Europe/Madrid public