Obradoiros profesionais de Comunicación Audiovisual
Data de celebración:
20 de abril de 2021 ás 16:30Dirixido a
EstudantesOrganiza
Facultade de Ciencias Sociais e da ComunicaciónLugar
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e ObradoirosEntrada:
de balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa aula 1 de CCSS e da Comunicación
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle entre o 13 de abril e o 11 de maio uns obradoiros profesionais dirixidos a dar a coñecer ao alumnado de grao en Comunicación Audiovisual diferentes ámbitos laborais relacionados coa titulación, da man dunha serie de profesionais formados na Universidade. Organizados polo profesor Paulino Pérez co patrocinio do Consello Social da Universidade de Vigo, o ciclo acolle nesta xornada un coloquio sobre posprodución de vídeo, a cargo do egresado Alfonso Merino, responsable do Alfonsin Digital Lab.
Os obradoiros están abertos a un máximo de 28 asistentes, sendo necesaria inscrición previa no correo electrónico sdfasoc@uvigo.es.