Pont-Up Store 2022
Data de celebración:
23 de setembro ás 11:00 24 de setembro ás 21:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Praza de España
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Feira e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo recinto emprazado na praza de España
Na carpa instalada na praza de España desenvólvese, os días 23 e 24 de setembro, a novena edición do Pont-Up Store, o encontro do emprendemento promovido pola Campus Crea da Universidade de Vigo, co Concello de Pontevedra como patrocinador principal e o apoio da Deputación Provincial. Xunto á presentación dos produtos e servizos de máis de 50 novas empresas, o encontro complétase cun programa de actividades que se desenvolven en diferentes puntos da cidade.