Presentación do catálogo 'Outras historias posibles'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

29 de novembro ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Culturgal

Lugar

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Actuacións e Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

Diferentes prezos Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No espazo Arte do Culturgal

No marco da feira das industrias culturais Culturgal, a profesora da Facultade de Belas Artes Susana Cendán presenta o catálogo da exposición Outras historias posibles, da que é comisaria e que pode verse ata xaneiro no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura. A exposición percorre as traxectorias das artistas Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Tusi Sandoval, Blanca Silva, Laura Terré e Anne Heyvaert, tamén docente da facultade.

Co obxectivo de proporcionar referentes que cambien a mirada e permitan promover unha historiografía próxima, plural e inclusiva, o texto elaborado por Cendán vai máis aló da visibilización dun listado de mulleres artísticas. Do mesmo xeito, o deseño gráfico, realizado pola profesora da Facultade de Deseño Patricia Dopico, e a tipografía deseñada por María Ramos sintonizan tamén co deseño da proposta expositiva, na que os nomes das artistas ocupan todo o protagonismo.

A presentación do catálogo complementarase cunha performance de María Gimeno, titulada Queridas Viejas. A roda da fortuna, coa que artista revisa os silencios premeditados da historiografía tradicional.
 

Anótao en:

Add to Calendar 2024-11-29 20:00:00 2024-11-29 20:00:00 Presentación do catálogo 'Outras historias posibles' No espazo Arte do Culturgal Pazo da Cultura de Pontevedra Culturgal Europe/Madrid public