Programa de obradoiros 'Elas Fan CienTec'
Data de celebración:
11 de febreiro ás 9:30Dirixido a
Estudantes , Medios e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Leonardo da Vinci
36310 Vigo
España
Tipo de evento
ObradoirosEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialPara celebrar o Día internacional da muller e a nena na ciencia
Dentro da programación da Universidade de Vigo co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o campus de Vigo acolle as xornadas Elas Fan CienTec, un programa de obradoiros destinados a rapazas de ensino secundario, organizado por docentes e investigadoras da Universidade de Vigo, xunto coa Unidade de Cultura Científica e da Innovación e a Unidade de Igualdade.
Durante a mañá do martes 11, rapazas de catro institutos da provincia de Pontevedra participarán nos obradoiros organizados polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), a Escola de Enxeñaría Industrial, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
As actividades comezan ás 09.30 horas e desenvólvense en diferentes laboratorios divididos por grupos. (Preguntar nas conserxerías)
Programa de actividades:
Na Escola de Enxeñaría Industrial
Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
No Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO
Máis información
Noticia no Duvi sobre a celebraclión do 11F na UVigo