Proxección da película 'Donde acaba la memoria' no cine Salesianos

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

3 de setembro de 2021 ás 20:30

Dirixido a

Estudantes , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Cine Salesianos

Rúa Venezuela, 3
36203 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

4,5€ É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

O documental de Pablo Romero constrúe o retrato do hispanista Ian Gibson

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; José Montero, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución; Ian Gibson e Pablo Romero

O cine Salesianos acolle a presentación en Vigo a película Donde acaba la memoria, dirixida polo docente e investigador da UVigo Pablo Romero. Donde acaba la memoria marca o final dunha longa viaxe de 50 anos para Ian Gibson, iniciada cando abandonou Irlanda e viaxou a Granada para escribir unha tese sobre Federico García Lorca e que continuaría durante décadas cos seus traballos sobre as miles de persoas asasinadas polo réxime de Franco, e tamén sobre o director Luis Buñuel e o pintor Salvador Dalí.

Rematada a proxección, comezará un coloquio no que participarán o director e Ian Gibson.

Como hai un número limitado de entradas, as persoas interesadas deben enviar o seu nome cos dous apelidos e o número de teléfono á seguinte dirección de correo: promero@uvigo.es

Anótao en:

Add to Calendar 2021-09-03 20:30:00 2021-09-03 20:30:00 Proxección da película 'Donde acaba la memoria' no cine Salesianos O documental de Pablo Romero constrúe o retrato do hispanista Ian Gibson Cine Salesianos Universidade de Vigo Europe/Madrid public