Reunión técnica do proxecto Firepoctep

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

29 de xuño de 2022
De 9:00 a 17:00 30 de xuño de 2022
De 9:00 a 15:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Asisten: Maribel Doval, vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade e membro do equipo Firepoctep da Universidade de Vigo; Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal e investigador principal na UVigo do proxecto Firepoctep, e Rebeca Díaz, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle unha reunión técnica do proxecto europeo Firepoctep, un traballo co que contribuír, nun escenario de cambio climático global, á prevención dos grandes incendios forestais e á xestión dos espazos susceptibles de sufrilos en diferentes áreas rurais da fronteira hispanolusa. Coordinado pola Junta de Andalucía, participan neste proxecto 21 institucións de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo. Cun orzamento de preto de 5,5 millóns de euros, financiados nun 75% con fondos Feder, o proxecto  engloba iniciativas como a identificación de “zonas estratéxicas de xestión” en diferentes áreas piloto ao longo da fronteira nas que as actuacións preventivas poidan diminuír os efectos e intensidade dos lumes.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2022-06-29 09:00:00 2022-06-29 17:00:00 Reunión técnica do proxecto Firepoctep No salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Universidade de Vigo Europe/Madrid public