Seminario 'Gobernos locais para retos globais'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

10 de decembro de 2019
De 11:00 a 13:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Paula Lamoso e Álvaro Xosé López Mira

Lugar

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Xornadas

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Coa participación de diferentes responsables de diferentes administracións

O salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e  da Comunicación acolle o coloquio Gobernos locais para retos globais: experiencias aplicadas de xestión pública local, dirixido a abordar como os novos gobernos locais do século XXI afrontan os retos que teñen por diante nun novo escenario global con responsables de diferentes administracións.

Promovida polos profesores do grao en Dirección e Xestión Pública Paula Lamoso e Álvaro Xosé López Mira e aberta a toda a cidadanía, esta actividade contará coas intervencións da tenente de alcalde e concelleira de Promoción da Cidade, Réxime Interior e Contratación do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías; o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; o deputado de Réxime Interior, Economía, Facenda e Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, e a concelleira de Promoción Económica, Emprego e Xuventude do Concello de Vilagarcía de Arousa, Alba Briones.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-12-10 11:00:00 2019-12-10 13:00:00 Seminario 'Gobernos locais para retos globais' Coa participación de diferentes responsables de diferentes administracións Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Paula Lamoso Álvaro Xosé López Mira Europe/Madrid public