Seminario web 'Escalada cara aos datos de investigación en aberto'

  • PDI
  • Vigo
  • Charlas e seminarios

Data de celebración:

28 de outubro de 2021
De 11:00 a 12:00

Dirixido a

PDI

Organiza

Biblioteca Universitaria e Vicerreitoría de Investigación

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

Dentro da celebración da Semana do Acceso Aberto

Dentro da programación da Semana de Acceso Aberto, a Biblioteca Universitaria, en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación e no marco da estratexia de persoal investigador (HRS4R), organiza un seminario web a través de Campus remoto titulado Escalada cara aos datos de investigación en aberto. A encargada de impartilo é Remedios Melero, investigadora do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e experta na investigación en acceso aberto, os  repositorios institucionais e os dereitos de autor. Forma parte do grupo de investigación Acceso abierto a la Ciencia e actualmente traballa no proxecto Acceso aberto á ciencia en España: Avaliación do seu impacto no sistema de comunicación científica. 

A participación no seminario realizarase a través de Campus Remoto (non é necesaria contrasinal). O acceso é libre ata completar a capacidade da sala. Unha vez acadado o límite de 150 persoas, o sistema denegará o acceso. 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-10-28 11:00:00 2021-10-28 12:00:00 Seminario web 'Escalada cara aos datos de investigación en aberto' Dentro da celebración da Semana do Acceso Aberto Campus Remoto da Universidade de Vigo Biblioteca Universitaria Vicerreitoría de Investigación Europe/Madrid public