Sesión ordinaria de Consello de Goberno

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

1 de febreiro de 2021 ás 9:30

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Edificio Ernestina Otero

Reitoría Universidade de Vigo
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Semipresencial

Unha sesión presencial e en liña

O Consello de Goberno celebra a primeira sesión ordinaria do ano, cunha orde do día integrada por 17 puntos. Entre outras cuestións, o órgano de goberno da UVigo abordará a aprobación da convocatoria de concesión de anos sabáticos para o vindeiro curso, o calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 22/23 e a modificación das medidas relativas ás condicións de traballo do PDI para este curso.

Na sesión, que se celebrará de xeito presencial no Paraninfo do edificio Ernestina Otero e tamén a través Campus Remoto, tamén se presentará a Memoria de responsabilidade social da UVigo do ano 2019. O inicio da sesión está fixada para as 9.30 horas en primeira convocatoria e para as 10.00 horas en segunda.

Anótao en:

Add to Calendar 2021-02-01 09:30:00 2021-02-01 09:30:00 Sesión ordinaria de Consello de Goberno Unha sesión presencial e en liña Edificio Ernestina Otero Universidade de Vigo Europe/Madrid public