V Annual Meeting Cinbio
Data de celebración:
28 de xullo de 2022 ás 9:30 29 de xullo de 2022 ás 9:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PDI e Público externoOrganiza
Centro de Investigación Biomédica e CinbioLugar
Edificio de Ciencias Experimentais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais
Deseño de novos tratamentos médicos combinando nanomateriais con proteínas; técnicas de administración de fármacos dirixidas con precisión empregando nanoestructuras; estudo da interacción da flora intestinal có sistema inmune e as capacidades cognitivas; uso de técnicas estatísticas combinando xenética e neurociencia para o estudo do Alzhéimer... Estes son só algúns dos temas que se van abordar na V edición do Annual Meeting do Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, xuntanza que este ano regresa ao formato presencial e na que se agarda reunir a máis dun cento de investigadores e investigadoras. A cita celébrase no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais o 28 e 29 de xullo.
Máis información
Web do V Annual Meeting Cinbio.
Noticia no Duvi sobre esta xuntanza