Xornada 'Avaliar en Educación Infantil e Primaria'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

24 de abril de 2019 ás 16:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Área de Didáctica da Expresión Plástica

Lugar

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Conferencias e Obradoiros

Entrada:

de balde

Modalidade

Presencial

No salón de graos de Ciencias da Educación e do Deporte

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a xornada Avaliar en Educación Infantil e Primaria, dirixida polas profesora da Área de Didáctica da Expresión Plástica Cristina Varela e Begoña Paz, e que ten como obxectivo abordar o papel que ocupa a avaliación no proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de analizar e identificar, mediante unha metodoloxía participativa, as claves para deseñar e pór en marcha un proceso de avaliación creativa na aula.

A xornada ábrese ás 16.00 horas co relatorio Estratexias didácticas: avaliación, da pedagoga e educadora social Sonia Pintos, técnica de Xuventude no Concello de Soutomaior, experta e asesora en diferentes proxectos de innovación e intervención sociocomunitaria. Esta presentación verase sucedida, de 17.00 a 19.30 horas, polo obradoiro Ferramentas de avaliación creativa, aberto á participación de 20 alumnos e alumnas.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-04-24 16:00:00 2019-04-24 16:00:00 Xornada 'Avaliar en Educación Infantil e Primaria' No salón de graos de Ciencias da Educación e do Deporte Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Área de Didáctica da Expresión Plástica Europe/Madrid public

Documentación

Cartel das xornadas1.24 MB