Xornada de Orientación Universitaria (XOU)
Data de celebración:
5 de febreiro ás 10:00Dirixido a
Estudantes , Medios e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Muvers
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e FeiraEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialCon charlas informativas en CC Económicas e feira no pavillón universitario
Para amosar a súa oferta académica, a Universidade de Vigo organiza a Xornada de Orientación Universitaria, entre as 10.00 e as 13.00 h, dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior.
Ao longo desta xornada o alumnado participante poderá visitar as mesas informativas dos centros universitarios, delegacións de alumnado e servizos para recibir detalles sobre a súa oferta académica e vida universitaria. Tamén poderán asistir ás charlas xerais.
Charlas informativas na Facultade de CC Económicas e Empresariais
Salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Charlas informativas de carácter xeral (oferta de titulacións nos tres campus, servizos e instalacións da Universidade de Vigo):
10.00-10.30h
10.40-11.10h
11.30-12.00h
12.10-12.40h
Feira no pavillón universitario (de 10.00 a 13.00h):
- Postos dos centros da UVigo
Información dos diferentes estudos ofertados na Universidade de Vigo. - Delegacións e asociacións estudantís
Atención e asesoramento sobre temas concretos da universidade e da vida universitaria. - Servizos da Universidade de Vigo
Información de deportes, voluntariado e cooperación, residencias universitarias, cultura e ocio...
A xornada contará con actuación musical, bebida, agasallos e moito máis.