Xornada sobre prevención da fraude e dos conflitos de interese
Data de celebración:
29 de febreiro de 2024 ás 9:15Dirixido a
PAS e PDIOrganiza
Consello Social e Univesidade de VigoLugar
Edificio Ernestina Otero, 3º andar
36310 Vigo
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala Manolo Ramos, edificio Ernestina Otero , 3º andar
Asisten: Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo e Yolanda Trinidad Lesmes, xerenta da Universidade de Vigo
A Xerencia e o Consello Social organizan unha xornada de formación sobre Prevención da fraude e dos conflitos de interese. O evento está dirixido ao persoal pertencente á Universidade de Vigo e preferentemente recoméndase a asistencia a aquelas persoas que traballen con expedientes dos fondos PRTR.
O programa artéllase arredor dunha conferencia sobre o escenario normativo dos plans antifraude para entidades executoras de fondos PRTR, que imparte Antonio Arias Rodríguez, ex-síndico de contas do Principado de Asturias e membro do Consello Social da Universidade de Oviedo, e dun obradoiro sobre conflitos de interese, no que se presentarán dez casos prácticos para debater da man de José Ramón Chaves García, maxistrado especialista do contencioso-administrativo no TSJ de Asturias.