Xornada 'Verdadeira corresponsabilidade? Os dereitos de conciliación da vida laboral e familiar despois da reforma de 2019'

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

1 de outubro de 2020 ás 17:00

Dirixido a

Estudantes , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

A través de Campus Remoto

Co obxectivo de analizar as novas regulacións da conciliación da vida laboral e familiar, dende unha perspectiva laboral e de Seguridade Social, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acollerá os días 1 e 2 de outubro a xornada en liña Verdadeira corresponsabilidade? Os dereitos de conciliación da vida laboral e familiar despois da reforma de 2019.

Nas sesións, que se celebrarán a través do Campus Remoto da UVigo, as poñentes analizarán se a nova normativa veu mellorar os aspectos máis problemáticos arredor da conciliación, abordando, por unha banda, a discriminación no acceso o emprego e nas condicións de traballo, tanto dende unha perspectiva de dereito individual coma colectivo, e por outra, estudando as diferentes prestacións de Seguridade Social e de protección social. Así mesmo, nas sesións, dirixidas polas docentes e investigadoras da UVigo Enma Rodríguez e Nora Martínez, achegarase ás persoas participantes unha perspectiva máis próxima sobre os problemas de conciliación no ámbito das relacións laborais en Galicia.

Anótao en:

Add to Calendar 2020-10-01 17:00:00 2020-10-01 17:00:00 Xornada 'Verdadeira corresponsabilidade? Os dereitos de conciliación da vida laboral e familiar despois da reforma de 2019' A través de Campus Remoto Campus Remoto da Universidade de Vigo Universidade de Vigo Europe/Madrid public

Documentación

Programa da xornada 428.14 KB