Xornadas contra a explotación sexual
Data de celebración:
23 de setembro de 2019 ás 19:00 24 de setembro de 2019 ás 19:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e Concello de OurenseLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro
Co gallo da conmemoración o día 23 de setembro do Día Internacional contra a Explotación Sexual e Tráfico de Mulleres, o campus de Ourense acolle as Xornadas contra a explotación sexual, organizadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e o Concello de Ourense. A programación arranca o día 23 de setembro coa celebración dun 'cineforum' no que se proxectará o documental Serás hombre, contando o acto coa participación da súa directora, Isabel de Ocampo. O día 24 a actividade continuará cun relatorio, no que tamén participará Isabel de Ocampo, a cargo de Silvia Pérez, profesora asociada da Universidade de Vigo, sobre Os homes e a prostitución: por que dicimos trata se falamos de prostitución?.
Máis información
Nova no Duvi:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/xornadas-afondaran-lacra-explotacion-sexual