Xornadas formativas 'O papel do graduado en CCAFD no ámbito da saúde'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

27 de marzo de 2019 ás 9:30

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Delegación de Estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Lugar

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Conferencias , Deporte e Xornadas

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de graos de Ciencias da Educación e do Deporte

Asisten: Vicente Romo, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, e Xoel Souto, presidente da Delegación da Facultade Estudantes de Ciencias da Educación e do Deporte

No marco das actividades relacionadas coa celebración no campus, entre o 27 e o 31 de marzo, da XVIII asemblea xeral da Anecafyde (Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte), a Delegación de Estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte organiza unha xornada formativa, previa ao inicio da propia asemblea este xoves, sobre o papel do titulado e titulada neste grao.

Sete conferencias integran o programa dunha xornada aberta ao público e que arrinca coa conferencia Uso de novas tecnoloxías no exercicio físico para a saúde, a cargo de Erik Penedo, doutor en Ciencias do Deporte, preparador físico e readaptador de lesións.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-03-27 09:30:00 2019-03-27 09:30:00 Xornadas formativas 'O papel do graduado en CCAFD no ámbito da saúde' No salón de graos de Ciencias da Educación e do Deporte Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Delegación de Estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Europe/Madrid public

Documentación

Programa das xornadas2.85 MB