Xornadas de Portas Abertas Ourense 2019

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

18 de xuño de 2019
De 10:00 a 14:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría de Captación de Alumnado e Estudantes e Extensión Universitaria

Lugar

Pavillón de deportes do campus

Polideportivo Universitario. Campus As Lagoas, 4.º piso
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Con feira universitaria no pavillón e visitas e charlas nas escolas e facultades

Charlas, talleres, visitas guiadas, exhibicións, obradoiros… A Universidade de Vigo celebra do 18 ao 20 de xuño unha gran Xornada de Portas Abertas, XOU, tres días nos que a institución convida ao alumnado de ensino medio e ás súas familias a achegarse aos campus e coñecer máis de preto as diferentes escolas e facultades e a vida universitaria. 

No campus de Ourense esta xornada celébrase este 18 de xuño organizada como se dunha feira universitaria se tratase, con postos dos diferentes centros participantes e actividades variadas coordinadas polas diferentes facultades e escolas. Ademais de información sobre as titulacións e sobre os servizos xerais da Universidade, nos diferentes postos ofreceranse obradoiros e exhibicións. Haberá talleres relacionados con idiomas, con educación artística, ciencias experimentais, radio... A cita será de 10.00 h a 14.00 h no pavillón polideportivo e estará amenizada polo robot da UVigo. Ademais, haberá tamén visitas guiadas polos diferentes centros.

É necesaria reserva para grupos de máis de 15 persoas: Formulario XOU Ourense 

Máis información

Noticia no Duvi sobre as Xornadas de Portas Abertas, XOU

Anótao en:

Add to Calendar 2019-06-18 10:00:00 2019-06-18 14:00:00 Xornadas de Portas Abertas Ourense 2019 Con feira universitaria no pavillón e visitas e charlas nas escolas e facultades Pavillón de deportes do campus Vicerreitoría de Captación de Alumnado Estudantes e Extensión Universitaria Europe/Madrid public