DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Inicialmente ían ser vendidos para recadar fondos para a festa da patroa da facultade

O alumnado de Ciencias Sociais e da Comunicación doa 50 suadoiros á asociación Berce

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 11/12/2020

O grupo de estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación responsable da organización dos actos de Santa Kata 2020 entregou este venres á asociación de iniciativa social Berce 50 suadoiros que deseñaran para recadar fondos para a celebración da padroa da facultade, que a crise sanitaria impediu levar a cabo. Segundo explica este grupo de alumnos e alumnas, gran parte dos suadoiros que deseñaran o pasado curso vendéranse nos meses previos ao confinamento e co inicio do presente curso, decidiron non pór á venda as restantes, “xa que realmente pertencían ao curso anterior”. Como resultado, optaron por doalas á asociación Berce, unha entidade sen ánimo de lucro nacida en Vigo en 1995 que, explican, ten como “obxectivo fundamental potenciar e ofrecer todo tipo de actividades que favorezan o desenvolvemento integral da mocidade, cunha atención preferente aos nenos e nenas en situación de desprotección”.