DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O reitor asinou un convenio coa fundación, que utiliza o fútbol como ferramenta de inclusión

O alumnado da UVigo fará prácticas na Fundación Eusebio Sacristán 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Estudantado
  • Institucional
DUVI 29/01/2020

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o director da Fundación Eusebio Sacristán, Pedro Pablo Crespo, asinaron este mércores un convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas curriculares do alumnado da institución académica. A Fundación, creada hai 15 anos que leva o nome de quen foi, primeiro xogador e logo adestrador do Celta, Eusebio Sacristán, desenvolve un proxecto de deporte inclusivo, que utiliza o fútbol como ferramenta de inserción social. Así, a través das escolas Fútbol para todos de León e Valladolid, a Fundación ofrece a 300 nenos e nenas e a un cento de persoas adultas, con diferentes situacións persoais, un enfoque novo na práctica deportiva, “de xeito que desde o xogo e non desde a competición, consigue que todos sexan protagonistas e a súa situación particular quede en segundo plano”, explica Pedro Pablo Crespo, director da Fundación. 

O convenio asinado hoxe, ademais de promover a realización de prácticas na Fundación, tamén ofrece ao estudantado da Universidade de Vigo a posibilidade de realizar voluntariado na escola.