Quen está considerado como o máis destacado especialista internacional na poesía cortesá medieval de cancioneiro nas literaturas románica, o catedrático da Sapienza- Universidade de Roma-, Vicenç Beltran Pepió, foi o encargado de inaugurar, cunha conferencia titulada Martin Codax y la poesía de su tiempo, o Simposio internacional E irei madr'a Vigo, que ata mañá se desenvolverá no auditorio do edificio Cambón, no casco vello vigués. Algunhas e algúns dos máis recoñecidos expertos mundiais en Martin Codax e a súa obra participan no simposio, organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, co gallo a exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar ata o vindeiro mes de marzo de 2018.
23/11/2017