atlanTTic lanza a primeira edición dun premio para incentivar a participación na investigación forense que realizan no centro. Para isto, convidan ao público en xeral a compartir fotos en modo retrato tomadas cos seus dispositivos iPhone.
Despois dunha trintena de libros de lingüística e edicións de literatura galega, o catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas presentará este xoves na libraría Librouro de Vigo a súa primeira obra de ficción, unha novela histórica titulada Ao sur da liberdade (Morgante).
Tras unha reprogramación dos títulos a proxectar, esta semana arranca en Vigo unha nova edición do Ciclo de Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e dedicado, nesta ocasión, ás mulleres directoras.
Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario ao trasladarse do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés.
Comeza a conta atrás para a 2ª edición das Olimpíadas de Teleco, unha cita que o curso pasado trouxo ata a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a máis de 250 estudantes de ESO, Bacharelato e FP que tiveron neste centro o seu primeiro contacto ‘profesional’ co mundo das tecnoloxías.
A Cátedra Telefónica Espazos de Innovación da Universidade de Vigo pon en marcha unha nova edición do seus Premios de Innovación Sostible, unha convocatoria destinada a alumnado da UVigo cuxo traballo fin de mestrado estea centrado en temáticas relacionadas con obxectivos de desenvolvemento sostible, ODS, da Axenda 2030.
A Deputación de Pontevedra acaba de convocar a oitava edición dos premios Sofía Novoa Ortiz dirixidos a fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos fin de máster e fin de grao realizados polo alumnado dos campus de Pontevedra e Vigo.
Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i).
A celebración do Día Internacional da Tradución, que se conmemora o 30 de setembro, será este ano moi especial para a Universidade de Vigo, xa que coincide co 20 aniversario de Bitraga, a Biblioteca da Tradución Galega.
Académicos, estudantes e profesionais do sector de telecomunicacións reflexionaron este venres en Vigo sobre a situación dunha profesión que está en pleno auxe, cunha moi elevada demanda de profesionais, salarios por encima da media, pero con menos vocacións das que serían desexables.
Voute preservar, miñoca! Con este suxerinte título a Universidade de Vigo organizou para este venres unha xornada na que os videoxogos en galego e a arqueoloxía se darán a man. Será ao longo de todo do día no edificio Redeiras, na praza do Berbés, aberta ao público en xeral.
Despois de que o pasado venres o campus vigués acollese o acto inaugural do curso 2023/2024 das universidades galegas, este luns as aulas das diferentes facultades e escolas dos tres campus volvían encherse de alumnos e alumnas, no inicio da actividade académica na Universidade de Vigo.
Que o alumnado poida adquirir as competencias propias da súa titulación á vez que realiza un servizo á comunidade é o propósito de metodoloxía da aprendizaxe-servizo, a partir da que se articulan os once proxectos que o vindeiro curso permitirán a máis de 700 alumnos e alumnas contribuír ao labor dunha vintena de asociacións e colectivos.
Ata 600 euros para as mellores teses de doutoramento escritas en lingua galega e ata 150 no caso dos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Mestrado. A Universidade de Vigo ten aberta unha nova convocatoria das Axudas para redactar e defender en galego teses e Premios á calidade lingüística no TFG e TFM.
Que fai Microsoft contratando arqueólogos? Esta é a inesperada pregunta que serve de arranque á exposición Arqueoloxía dixital galega, a nova mostra que pode visitarse no edificio Redeiras ata o vindeiro 17 de setembro.