A Universidade de Vigo recibiu aos seus heroes deportivos. Xa pasaron uns días dende que os xogadores do equipo que adestra David Monreal acadaran o ascenso á División de Honra e, despois de múltiples celebracións, o Iveco chegou á súa casa, á Universidade, para recibir os parabéns da institución que os acolle. O reitor, Salustiano Mato, fixo de anfitrión nun acto no que recoñeceu “a proeza conseguida por un equipo que leva o rugby no sangue, no ADN”. Mato salientou, ademais, que “aínda que non estamos en tempos de bonanza económica si o estamos a nivel institucional e a Universidade vai traballar para apoiar ao deporte”.
23/02/2011