"Sede moi bos fenicios para que Galicia poida incluírse nos mercados de bonanza europeos”, aconselloulles o reitor, Salustiano Mato, aos 30 novos profesionais da III promoción do Máster en Comercio Internacional, impartido na Escola Universitaria de Estudos Empresariais. O acto de graduación estivo amadriñado pola conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, quen salientou a prioridade da Xunta de consolidar unha “economía aberta” en Galicia, mentres que Patricio Sánchez, director da escola, e Antonio Vaamonde, coordinador do mestrado, quixeron destacar a especialización do centro, “un centro de prestixio no mundo da empresa”.
24/06/2011