É o insecto con máis especies do mundo, xa que constitúe case o 25% de todas as formas de vida coñecidas. Os coleópteros, máis coñecidos como escaravellos, son unha constante na vida profesional de Josefina Garrido, profesora de Zooloxía da Universidade de Vigo, ademais dunha fonte de éxitos. O último, acadar o premio ao mellor artigo científico publicado en 2010 na revista norteamericana The Coleopterists Bulletin, editada pola maior sociedade internacional dedicada ao estudo do insecto. Esta é a primeira vez que un grupo de científicos españois recibe este galardón, que lles foi entregado na cidade estadounidense de Reno, Nevada, coincidindo coa celebración do encontro anual da The Coleopterists Society.
24/02/2012