Por que os temas científicos non poden traspasar as paredes das aulas e dos laboratorios? Ante esta pregunta, a asociación estudantil Trabalingua e a Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo, en colaboración coa Vicerreitoría do campus de Pontevedra, organizaron o II Día da Ciencia en Galego, unha actividade que ten como obxectivo contribuír á divulgación científica en lingua galega, pero dunha forma lúdica. O formato escollido, o dos cafés-teatro, confirma que "se pode conversar sobre ciencia en calquera lugar e por calquera medio, e por suposto, en galego", explican dende a ANL.
11/11/2011