A MOTI -Mostra de Teatro Infantil de Ourense- chega este ano a súa sexta edición cargada de bos espectáculos para os máis pequenos. As funcións desenvolveranse os días 25 a 30 de decembro na rúa do Paseo, o Teatro Principal, o Auditorio e o campus, a cargo de compañías que veñen de todos os recunchos de Galicia, doutras comunidades autónomas como Castela-A Mancha, Andalucía e Murcia e tamén do exterior, como é o caso da francesa Le Lutin Théâtre D´images. O director da mostra, Fernando Dacosta, subliñou no acto de presentación da actividade o feito de tratarse de espectáculos “con aforos reducidos” para que os máis pequenos poidan alimentar a observación, a escoita e a curiosidade polo mundo teatral.
15/12/2009