As vivencias da súa avoa, marcadas pola Guerra Civil, o exilio e a emigración, e como estas quedaron reflectidas nos vellos álbums de fotos familiares, remataron converténdose, co paso do tempo, no núcleo do labor artístico e investigador de Joan Morera. Partindo dos vínculos que unían esas lembranzas a territorios, Morera Arbones analizou na súa tese de doutoramento como a memoria fai da paisaxe unha construción social e colectiva. “Quizais a conclusión máis bonita da miña tese sexa que a paisaxe galega, dando por feito que exista, excede os seus límites xeográficos, orográficos ou administrativos", sinala.
22/09/2016