Un percorrido de máis de medio século pola relación entre arte e feminismo é o que ofrece a exposición colectiva Genealogías feministas en el arte español: 1960 – 2010, que se inaugura este sábado 23 de xuño no Museo de Arte Contemporánea de Castela e León, MUSAC. A relevancia desta mostra reside en que é a primeira reflexión conxunta sobre os discursos de xénero na produción artística española, contando coa participación de 80 artistas de todo o territorio nacional, entre os que se atopan cinco profesores da Facultade de Belas Artes, Xoán Anleo, Mar Caldas, Yolanda Herranz, Chelo Matesanz e Marina Núñez.
21/06/2012