A culminación dunha etapa. Esa é a esencia da exposición dos proxectos finais dos novos graduados en Belas Artes, que se inaugurou este xoves no Pazo da Cultura da cidade da man da vicerreitora, Antonia Blanco, do decano da facultade, Juan Carlos Meana, do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro. Baixo o título Do final e do comezo, a mostra pretende facer “balance do realizado ao longo dos anos de formación”, sinalou o decano e tamén comisario da exposición, que definiu o final de curso como “meses de luz, de facer visibles resultados que se marcaron tempo atrás”.
14/06/2012