Este ano non hai escusa que sirva por regalar algo repetido, pois a tenda que abre este Nadal o alumnado de Esdemga, Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza, pon á disposición do cliente roupa exclusiva e a un módico prezo, “coa vantaxe de mercar un agasallo que será único e irrepetible”, comenta Jessica García, estudante de terceiro curso. Transcorrida case unha semana dende que Debut Store abrira as súas portas, os improvisados dependentes amósanse moi satisfeitos coas primeiras ventas, “superando con creces as expectativas que marcamos nun principio e comprobando ademais que as propostas gustan ao público”.
22/12/2011