DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O centro de Marín acolleu as conferencias dos profesores Julia Armesto e David Martín

Docentes do campus complementan a formación do alumnado da ENM

As actividades enmárcanse na Cátedra Álvarez-Ossorio

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Académica
DUVI Pontevedra 29/05/2018

Definida como un espazo de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Escola Naval Militar, a Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio promoveu dúas conferencias que achegaron ata o centro de Marín a docentes do campus. Así, nas últimas semanas o alumnado do Centro Universitario da Defensa (CUD), adscrito á Universidade de Vigo, puido coñecer máis das aplicacións dos sistemas LiDAR (light detection and ranging) da man da profesora da Área de Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da Escola de Enxeñaría Forestal Julia Armesto, ao tempo que afondar no son espacial e na percepción sonora nun relatorio que impartiu na escola David Martín Fidalgo, profesor asociado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e técnico de son. Estas dúas conferencias insírense, lembra a Escola Naval Militar, no programa de actividades despregado para o presente curso pola Cátedra Álvarez-Ossorio, “que ten como obxecto aproveitar as sinerxías de ambas institucións en beneficio do alumnado”.